GNOME Launch Party en Galiza, España

Gnome3launchParty

O pasado xoves 28 de abril foi un día maravilloso para toda a comunidade GNOME de Galicia. Xa que celebramos a Festa de Lanzamento de GNOME 3. O evento foi organizado maxistralmente pola asociación Ghandalf en colaboración coas asociaciónsGpulTrasno, e co apoio económico da Xunta de Galiza.

As nosas espectatívas de asistencia vironse sobrepasadas. Fomos perto de 50 persoas desfrutando da festa, todos moi ilusionados xa que tanto desenvolvedores que alí estaban presentes, moitos deles da empresa Igalia, como tradutores do GNOME ao galego traballamos moi duramente nos últimos meses para poder ter un GNOME 3 resplandecente. Unha mistura dun evento totalmente planificado coa expontaneidade xeral dunha festa, o trascurso da mesma foi ameno e moi bó. Todo estaba no seu lugar namentres os poñentes e os asistentes dialogaban segundo avanzaba. Foi unha alegría ver de novo xa grandes amigos meus do Software Libre, e non me cansei de darlles as grazas pola súa asistencia xa que coido que para todos era un momento especial logo do inmenso traballo que levou chegar a onde chegamos.

Presentación do proxecto GNOME

Foto0288

Comezou Chema Casanova (en Twitter) explicándonos como naceu o GNOME e como foi evoluíndo cada esta nova versión. Con información de primeira mán xa que él é membro da dirección de GNOME Hispano (comunidade castelán-falante de GNOME que engloba España e LatinoAmérica).

Demo de GNOME 3

Foto0293

Aquí entrou en acción Diego Fernández (en Twitter) facendo unha demostración do novo escritorio do GNOME 3. Momento no cal descubrimos que había trolls de KDE entre o público tentanto (de forma amigábel iso sí) boicotear a presentación. O público respondeu moi ben, dando as súas opinions favorábeis, e non tanto, do novo fluxo de traballo do escritorio e incluso dando suxestións e ideas para mellorar. En xeral todos estamos un pouco reacios a este importante cambio pero tamén converxemos en que era moi necesario e que pode ser moi bo para avance do Soft Libre en xeral.

GNOME 3 galeguizado

Foto0297

E chegou o meu turno (eu en Twitter) explicando todo o traballo que leva localizar o GNOME ao galego e como son os fluxos de traballo do noso grupo de tradución. Como sempre que dou charlas pasóuseme o tempo voando e logo das preguntas foi unha maravilla escoitar as loubanzas de TODOS polo «magnífico» (cito textualmente) traballo que se está levando a cabo. Tedes dispoñíbel a miña charla para descargar «Camiño de GNOME 3 en galego» desde o meu perfíl de Slideshare.

Sorteo de regalos

"Ganhador do portátil con GNOME 3 da GNOME Launch Party"

Finalmente sorteamos un portatil EeePC con GNOME 3 instalado aínda que eu sigo pensando que houbo algo de tongo porque xusto lle tocou ao amigo da «man blanca» que elixiu a papeleta gañadora… Tongo? Quen sabe… Tódolos asistentes levaron agasallos: camisolas de GNOME, tazas de almorzo de GNOME, pegatinas e chapas co logo-pé estampado. En fin que todos pasamos unha gran tarde e marchamos cun sorriso na faciana.

[ 220013 10150221475232090 708177089 8491535 721822 o